Mércores, 9 Xullo de 2025

A Guarda

A Guarda acolle este mércores un concerto de Ana Belén Rodríguez e Mila Ut

Este mércores día 14 de agosto ás 20:30 h da tarde no exterior da Igrexa Parroquial da Guarda acolle un concerto moi especial a cargo da pianista Ana Belén Rodríguez e da cantante soprano Mila Ut, englobado no ciclo “Música no Ar” da Deputación de Pontevedra.

O Plan ReacPon permitirá á Guarda ter un “novo” pavillón da Sangriña

O Pavillón da Sangriña, unha das dotacións deportivas máis importantes da provincia, está a ser obxecto dunha ambiciosa reforma e ampliación coa que a Deputación de Pontevedra remarca o seu compromiso co deporte.

A Guarda inaugura a Colección fotográfica Tito Lemos

O pasado xoves día 18 de agosto de 2022 a Casa dos Alonso acolleu o acto de inauguración da Colección Fotográfica Tito Lemos, unha mostra que recolle parte da gran colección recabada por Tito Lemos con fotografías da vila da Guarda de distintos fotógrafos e autores.

A Guarda e Caminha acollen esta fin de semana a III Feira do Libro Luso-Galaica

O evento con programacións paralelas en ambos municipios, recolle as principais publicacións realizadas polos concellos e cámaras municipais dos municipios da fronteira luso-galaica.

Skeirrum organiza un evento para lanzar o seu primeiro street escape na Guarda

Skeirrum propón o primeiro escape room guardés ao aire libre, que se estrea na Guarda este domingo 7 de agosto, ás 19:00 h, na praza de Avelino Vicente. Para os participantes o reto será facer un percorrido pola vila mentras se divirten e resolven enigmas relacionados coa historia e personaxes da vila.

Este verán as praias O Muíño e Area Grande non contarán co servizo de socorrismo

A pesar dos esforzos e do compromiso para ofrecer un servizo esencial, como é unha atención adecuada nas dúas praias de referencia da nosa vila, non foi posible contratar socorristas para a prevención e vixilancia nas praias.

A Guarda lanza una campaña de sensibilización en saúde mental xunto con Asociación Avelaíña

O Concello da Guarda lanza unha campaña de sensibilización en saúde mental en colaboración coa Asociación Avelaíña.

Remata con éxito o Obradoiro de Emprego Dual na Guarda

Hoxe venres día 22 de xullo de 2022 o Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolleu o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela VII que tivo lugar nos pasados 9 meses en formato dual, orientado á atención sociosanitaria en institucións e á promoción turística local e información ao visitante.

150 xoves da Ruta Quetzal visitan o Monte Santa Trega

A Ruta Quetzal, con ao redor de 150 xoves de 15 e 16 anos e provenientes de diversos puntos da xeografía española, visitaron este mércores 20 de xullo os lugares máis emblemáticos do Monte Santa Trega, un lugar de gran riqueza cultural e patrimonial do municipio da Guarda.

A Guarda prepárase para acoller a II Mostra Creativa do Baixo Miño

O Concello da Guarda segue apostando polo emprendemento e por visibilizar a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa comarca, xa sexan de artesanía ou en formas máis modernas de expresión.

Continúa a programación de verán na Guarda

O Concello da Guarda continúa esta semana coas actividades da Axenda de Verán 2022, unha programación de actividades extensa, para todos os gustos e para todas as idades, que estenden ata o mes de setembro con concertos, exposicións, actividades de rúa, eventos deportivos, festas gastronómicas, populares e relixiosas, entre outros.

O alumnado do Obradoiro de emprego da Guarda realiza prácticas e visitas formativas

O alumnado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante atópase na actualidade realizando prácticas na exposición “A túa esencia. A Guarda, pobo mariñeiro”, que organiza a Asociación Piueiro e na que teñen a oportunidade de ter contacto directo co público e mellorar as súas competencias profesionais neste eido.