Luns, 7 Xullo de 2025

A Guarda

A Guarda informa das prohibicións vencelladas á Zona de Especial Vixilancia da Gripe Aviar

Tras o casos detectados de gripe aviar no 2022, o Ministerio de Agricultura e Pesca determinou un aumento do risco de contaxio de aves domesticas. A Orde APA/2442/2006 clasifica o concello da Guarda como Zona de Especial Vixilancia (ZEV) nas que co aumento do risco se establecen as seguintes prohibicións.

O Consello Climático Xuvenil da Guarda organiza unha actividade polo día Mundial da Educación Ambiental

O vindeiro xoves día 26 de xaneiro, con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental, o Consello Climático Xuvenil da Guarda organiza unha actividade aproveitando a Exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”, que actualmente se atopa no Concello da Guarda.

A Guarda lanza a segunda edición dos obradoiros de autocoidado para mulleres “quérome, cóidome”

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller, vén de lanzar a segunda edición dos obradoiros de autocoidado para mulleres “quérome, cóidome”.

A mostra “Do Lérez ao Tambre” chega á Guarda da man de Nadia Otero

O vindeiro venres día 27 de Xaneiro ás 19:00h, Nadia Otero, artista de 24 anos nada en O Grove, inaugurará na sala de exposicións do Concello de A Guarda a súa mostra “Do Lérez ao Tambre”, onde se poderán ver catorce obras realizadas ao longo da súa vida artística.

A Guarda lanza unha enquisa online para coñecer as necesidades formativas to tecido empresarial local

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Desenvolvemento Local que dirixe Fátima Rodríguez, lanza unha enquisa para coñecer as necesidades formativa do tecido empresarial da vila, especialmente para o sector da hostalaría e comercio.

A Guarda pon en marcha o obradoiro “Decora o teu pobo”

As persoas maiores de 65 anos son un dos colectivos sociais que máis tempo de lecer teñen. A forma de vivilo é un aspecto moi importante para a súa saúde e unha oportunidade para poder facelo dun xeito que aporte autorrealización, vida activa, conexión con outras persoas, etc.

O albergue municipal da Guarda reabre as súas portas

O Concello da Guarda reabre o Albergue Municipal de Peregrinos despois do peche temporal no mes de decembro, coincidindo coas datas de maior redución do número de peregrinos.

A Exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción” xa se atopa na Guarda

Na mañá deste martes día 10 de xaneiro de 2023 a Casa dos Alonso acolleu a inauguración da Exposición “O noso Mundo, o noso futuro, a nosa opción”, que estará ata o próximo 26 de xaneiro, día da educación ambiental e que se pode visitar de luns a venres en horario de 8:00 h a 15:00 h.

A Mancomunidade do Baixo Miño pedirá unha partida orzamentaria excepcional para os danos provocados polas choivas

Alcaldes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño reuníronse este luns de urxencia para valorar os cuantiosos danos sufridos nos catro concellos (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) tras o temporal e as abundantes choivas acumuladas durante a xornada de ano novo.

A Guarda inaugura este martes a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”

O vindeiro martes día 10 de xaneiro de 2023 ás 10:00 h terá lugar na Casa dos Alonso a inauguración da exposición “O noso Mundo, o noso futuro, a nosa opción”, que estará ata o próximo 26 de xaneiro, día da educación ambiental.

As súas Maxestades de Oriente chegan á Guarda este xoves

O Concello da Guarda remata esta semana a programación de actividades do nadal coa visita dos Reis Magos, a Cabalgata de Reis chegará ata a nosa vila na tarde do xoves día 5 de xaneiro, recuperando ao final do seu percorrido a tradicional recepción ás nenas e nenos na Casa dos Alonso.

As autoridades valoran os desperfectos provocados polas intensas choivas na Guarda a noite de fin de ano

As fortes choivas que se produciron na madrugada do día un de xaneiro provocaron, no Baixo Miño, importantes inundacións de fincas e viarios así como violentas escorrentías de auga con arrastre de materiais que nalgunhas zonas produciron erosións moi destrutivas.