Martes, 9 Setembro de 2025

A Paradanta

O Concello da Cañiza ultima as obras de modernización e reforma integral do alumeado público de Valeixe

O Concello da Cañiza está a piques de rematar as obras que desenvolve de cara a mellorar e modernizar o alumeado público da parroquia de Valeixe. Amais da substitución dos báculos, por outros máis modernos e coa imaxe do Concello, elimináronse todos os puntos que ata agora facturábanse en alzado, cun alto consumo enerxético e penalizacións nas facturas, colocando novos contadores. Esta actuación tradúcese nun importante aforro, reducindo a factura mensual en máis do 50 %.

Homenaxe en Arbo aos matrimonios que cumpren as vodas de ouro

O Concello de Arbo, un ano máis quere agasallar o amor que durante 50 anos levan compartido os matrimonios arbenses, e ún ano máis queren celebrar o evento tradiconal “Vodas de Ouro”.

A Festa da Lamprea de Arbo conta co apoio da Deputación con accións promocionais durante todo o ano

A Deputación de Pontevedra está a promocionar durante todo este ano a Festa da Lamprea de Arbo, unha das grandes celebracións gastronómicas de Galicia e declarada en 2016 de Interese Turístico Nacional.

As instalacións municipais da Cañiza contará cun sistema de alarmas e video vixilancia

Esta mañá o alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou que se está tramitando o expediente administrativo para implantar nas instalacións municipais un sistema de alarma e videovixiancia máis eficaz dotado dos últimos avances tecnolóxicos neste eido, co obxectivo de protexer e velar polos bens do Concello.

Arbo recibe unha achega da Xunta para a mellora do acceso ao lugar de O Couto

O Concello de Arbo realizará obras de mellora de acceso ao lugar de O Couto na parroquia de Arbo. As obras contan co un financiamento do 70% do investimento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Emotiva homenaxe da Deputación ás xogadoras do Club Balonmán Cañiza: “sodes un equipo de campioas”

Dous anos leva sen perder un partido o equipo feminino do Club Balonmán A Cañiza, un extraordinario caso de éxito deportivo nunha vila de 5.100 habitantes do interior da provincia. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, quixo render hoxe homenaxe á entidade e particularmente ás xogadoras, que veñen de conquistar por segundo ano o campionato galego en Primeira Autonómica e ascenden á División de Honra de Prata Feminina.

O alcalde da Cañiza entrega os diplomas ás alumnas do curso de atención sociosanitaria

Onte o alcalde de Cañiza, Luis Piña, fixo entrega dos diplomas acreditativos de asistencia ao curso gratuito de atención sociosanitaria a persoas dependentes, organizado polo Concello e impartido no Aula Cemit da Casa de Cultura.

Crecente humanizará o acceso aos equipamentos públicos e construirá un novo polideportivo grazas á Deputación

As dúas grandes obras financiadas pola Deputación en Crecente e que transformaron a “fisonomía” deste municipio do interior da provincia de Pontevedra foron inauguradas hoxe pola presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Julio César García-Luengo, acompañados do deputado Gregorio Agís e varios concelleiros.

Aberto o prazo de inscrición no campamento municipal de verán da Cañiza

Con base nas instalacións do Pavillón Municipal “Carballo do Marco”, o campamento está estructurado en dúas quendas. A primeira do 1 ao 15 de xullo e a segunda do 16 ao 31. Durante estes 15 días desenvolverase un completo programa de cara a fomentar a práctica de actividades físicas, deportivas e recreativas no medio natural.

Concentración silenciosa na Cañiza contra a violencia de xénero

Onte tivo lugar na Cañiza, diante da Casa do Concello ás 20 horas, unha concentración silenciosa en solidariedade coa familia das nenas ana, Olivia e Rocío, así como dos 41 nenos asasinados dende o ano 2013 e das 1096 mulleres falecidas dende 2003 por violencia machista.

Crecente, Nigrán e Salceda de Caselas entre os beneficiarios da nova liña do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 511.860€ ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021, co que a institución provincial financiará un total de 15 achegas.

O alcalde da Cañiza asegura a permanencia de Avelaíña no concello cun convenio

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, manifestou onte “a satisfacción de continuar traballando con esta Asociación que leva dende o ano 2016 traballando neste Concello, no primeiro andar do Edificio Multiusos, a través do Programa Achego aproximando a atención á saúde mental e proporcionando o apoio necesario a moitos cidadás”.