Mércores, 27 Agosto de 2025

A Paradanta

Tarde de circo o venres en Covelo

Dentro da programación de Nadal o Concello de Covelo acollerá na tarde do venres día 23 un espectáculo circense de Asacocirco.

Covelo facilita a conciliación familiar e laboral este Nadal a través do “Plan de Corresponsables”

Co obxectivo de ofrecer ferramentas que contribúan a unha mellor conciliación familiar e laboral, o Concello de Covelo participa no Plan Corresponsables da Secretaría Xeral deIgualdade da Xunta de Galicia.

Julio Eiroa e Estanislao Fernández de la Cigoña, galardonados na séptima edición de “Síntete Covelo”

O Concello de Covelo entregou os galardóns “Síntete Covelo” ao biólogo Julio Eiroa Mera e ao investigador Estanislao Fernández de la Cigoña destacandoa súa contribución ao coñecemento e posta en valor do patrimonio natural e cultural. O Concello de Covelo, a proposta da cidadanía, fixo entrega destes premios que salientan o traballo das persoas que pola súa implicación contribúen a difundir o nome de Covelo e as súas riquezas medioambientais, etnográficas e culturais.

Pablo Castillo optará a reelección á Alcaldía de Covelo

Pablo Castillo optará á reelección á alcaldía do Concello de Covelo. Onte anunciou a súa candidatura diante da xunta local do partido, do presidente provincial, Luis López, e da secretaria xeral, Luisa Piñeiro, tras ser elixido por unanimidade pola executiva do PP local.

A Cañiza recupera a “Citania Castrexa das Grades”

Para o alcalde da Cañiza, Luis Piña, a «Recuperación dos Castros da Cidade de Achas e A Cerquiña é unha das actuacións máis importantes deste mandato. Un compromiso adquirido cando tomei posesión como alcalde, que agora, despois de case 10 meses de tramitación, dá os seus frutos: poder expropiar os terreos, seguindo o procedemento adecuado e co consenso e favor de case todos os propietarios».

Covelo crea un itinerario peonil que conectará a igrexa de San Martiño e o centro de Barcia de Mera

Fomentar a mobilidade activa creando espazos públicos seguros e agradables é o obxectivo da obra de “acondicionamento dun itinerario peonil de conexión entre o núcleo de Barcia de Mera e a igrexa de San Martiño” que, segundo adianta o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, conta xa co visto bo da Deputación de Pontevedra.

Covelo celebra a súa VIII gala “Síntete Covelo”

Este domingo día 18 o auditorio municipal do Concello de Covelo celebra a súa gala de entrega dos galardóns “Síntete Covelo” que este ano recoñece o traballo polo biólogo Julio Eiroa Mera e a traxectoria do investigador Estanislao Fernández de la Cigoña.

O servizo de atención temperá está en funcionamento desde outubro en Arbo

Vista a demanda existente por parte tanto das familias como de diferentes profesionais que traballan no Concello de Arbo, e por profesionais externos como o orientador escolar, a pediatra, a psicóloga do Concello, etc. para atender coa maior calidade e proximidade posible a todos os nenos de Arbo o Concello de Arbo, polo que o Concello de Arbo, promove este servizo cos concellos de Salvaterra de Miño e Crecente.

A Cañiza poderá instalar miradoiros no Alto do Montouto grazas á Comunidade de Montes Veciñais da Lamosa

A Comunidade de Montes Veciñais da Lamosa cede gratuitamente ao Concello da Cañiza, por tempo indefinido, dúas hectáreas de terreno no alto do Montouto para a instalación de miradoiros interpretativos e un observatorio nocturno.

Novo aparcamento na Cañiza

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou a aprobación do proxecto de expropiación e recuperación paisaxística dun novo estacionamento no lugar denominado «Chan de Lourido», unha zona arbolada de máis de 9.000 m2 situada no lugar do Regueiro na subida que conduce hacia a Casa de Cultura.

Este domingo, coñece o sendeiro Val do Louro en Covelo

Promover hábitos de vida saudables e coñecer o patrimonio natural son dous dos obxectivos desta actividade de andaina e coñecemento do sendeiro Val do Louro que o Concello de Covelo oferta totalmente de balde este domingo día 11.

Comprar en Arbo ten premio

Baixo o lema “Agora máis ca nunca apoia ao Comercio Local”, o Concello de Arbo pon en marcha un ano máis a campaña “Comprar en Arbo ten premio”, en colaboración coa asociación de comerciantes do municipio, na que participan máis de noventa establecementos da localidade arbenses.