Martes, 26 Agosto de 2025

A Paradanta

A Cañiza conta xa cun proxecto de humanización da rúa Antonio Farroco

O pasado 15 de decembro a empresa Galaicontrol S.L., encargada da redacción do proxecto de construcción desta importante rúa da Cañiza, entregou no Concello o traballo definitivo.

MAVI, a Maleta Viaxeira, chega á Cañiza

Esta mañá, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; acompañada do alcalde, Luis Piña; da xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación, Manuela Vilaboy; de concelleiros da Corporación e da responsable do Servizo de Igualdade do Concello, presentaron o proxecto «MAVI».

Arbo comeza a súa campaña anual de poda

Arbo iniciou a pasada semana a campaña anual de poda coa finalidade de manter nun adecuado estado de conservación as árbores do municipio e permitir o seu óptimo desenvolvemento.

Fogares de A Lamosa, Paraños e Prado da Canda terán mellor cobertura móbil e de televisión

A colaboración entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Lamosa e o Concello de Covelo permitirá que arredor de douscentos fogares teñan mellor cobertura de televisión e telefonía.

O ciclo de conferencias “A loita das mulleres no século XX” visitará o auditorio de Covelo o martes día 7 de marzo

A Concellería de Cultura, que dirixe Lourdes Enes, convida á cidadanía a participar na conferencia “A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión” que terá lugar o martes día 7 de marzo, ás 17 horas, no auditorio municipal completamente de balde.

A Deputación transformará o trazado que discorre pola Ponte das Achas da Cañiza

A transformación total do trazado que discorre pola ponte románica das Achas da Cañiza será axiña unha realidade.

A unidade de doazón de sangue estará en Covelo mañá

A unidade de doazón de sangue estará mañá sábado día 4 no concello de Covelo. Ubicarase ao carón da Casa do Concello dende as 10 horas ata as 15 horas.

Música tradicional nunha nova cita coa Mostra de Produtos de Covelo

A Mostra de Produtos de Covelo sigue sumando fans e, por iso, a praza Mestre Cerviño volverá abrir as súas portas para o desfrute de veciñanza e visitantes.

Clases de seguridade vial para os alumnos do CPI da Cañiza e do CEIP de Valeixe

Despois de terse suspendidas estas actividades por mor da crise sanitaria provocada pola Covid, novamente o CPI da Cañiza acolle as Xornadas de Seguridade Vial impartidas polo axente da Policía Local da Cañiza, Santiago Regueiro, e por dous funcionarios da dirección Xeral de Tráfico, organizador da actividade.

Xa están abertas as inscricións nos obradoiros gratuítos de Arbo

Dado o éxito dos obradoiros realizados polo Concello de Arbo en outubro en distintos lugares do municipo e ante a demanda dos veciños da vila, o Concello de Arbo ofrecerá, durante os vindeiros meses, obradoiros polas parroquias do municipio.

A veciñanza de Covelo recibe formación para a realización de xestións administrativas a través da rede

A veciñanza de Covelo recibíu formación no uso de ferramentas dixitais para relacionarse coa administración a través da rede. Profesionais da Administración Pública impartiron no auditorio municipal unha clase sobre os principais servizos prestados pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra e os servizos electrónicos da administración xeral do Estado.

A Cañiza renova os vestiarios do pavillón a través do Plan Concellos

A Cañiza vén de completar a renovación dos vestiarios do seu Pavillón Municipal da man da Deputación trala inauguración da segunda fase destes traballos que, ao igual que a primeira, executada no 2021, foi financiada cunha achega do Plan Concellos.