Luns, 18 Agosto de 2025

A Paradanta

A biblioteca de Covelo coordínase co IES Val do Tea para dispor dos libros en galego e castelán

O Concello de Covelo amosa o seu apoio á mocidade que cursa os seus estudos no IES Val do Tea, centro de referencia do concello, adquirindo os libros de lectura das materias de Lingua Castelá e Lingua Galega.

Covelo entregou os diplomas ao alumnado do curso de manipulación de alimentos e alérxenos

No marco do VII Plan de Formación do Concello de Covelo, o alcalde, Pablo Castillo, e a concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes, entregaron os diplomas ao alumando dos cursos de manipulador de alimentos e alérxenos.

O proxecto “Da túa man rural II” chega a Crecente, Covelo, Oia, e A Guarda

Apoiar a actividade comercial e a hostalería local en zonas rurais da provincia de Pontevedra é o obxectivo do programa “Da túa man” (rural II), que o vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado de Promoción Económica, Rafa Domínguez, presentou hoxe aos 11 concellos no que se vai desenvolver o proxecto.

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama cita ás mulleres de Covelo de 50 a 69 anos

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, en colaboración coa AECC, inicia a súa campaña no Concello de Covelo os días 23, 24, 25 e 26 de outubro do 2023.

Máis de 7.000 persoas visitaron Covelo en xullo e agosto

Familias de toda España elexiron Covelo como destino turístico no que descansar e gozar do medio natural. O Concello de Covelo recibíu máis de 7.000 persoas nos meses de xullo e agosto segundo revela a enquisa realizada pola concellaría de Turismo que dirixe o alcalde Pablo Castillo e a concelleira Lourdes Enes.

A Cañiza urbanizará o parque Uceira

O Concello da Cañiza acomete novas obras de urbanización no parque Uceira, "antigo mercado do gando", para mellorar a infraestrutura viaria. A obra está adxudicada á empresa NAROM por un importe total de 27.777,80 euros, dos cales o 20 % é aportación do Concello con fondos propios, e o 80 % restante corre a cargo da Xunta de Galicia.

Xornada Europea de Patrimonio Termal no Arabo

Con motivo da Xornada Europea de Patrimonio Termal, organizada pola Asociación Europea de Cidades Termais Históricas e o GDR Condado Paradanta, e dentro da programación deseñada polo GDR Condado-Paradanta, tivo a visita ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea "Arabo".

“Galicia sabe aMar” aterrizará o mércores en Covelo

A praza Mestre Cerviño do centro urbano de Covelo recibe ao foodtruck da campaña “Galicia sabe aMar”. Unha iniciativa da Consellería do Mar da Xunta de Galicia para a promoción e dos produtos galegos do mar e da terra.

O VII Plan de Formación do Concello de Covelo oferta novos cursos para promover a inserción laboral

A concelleira de Emprego e Formación do Concello de Covelo, Lourdes Enes, informa que ata o vindeiro día 10 de outubro estará aberto o prazo de inscrición nos novos cursos do VII Plan de Formación.

A Xunta mellora a PO-400 ao seu paso por As Neves, Crecente e Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o concello de As Neves onde a Xunta está a realizar unhas obras de renovación do firme.

Covelo participou na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Concello de Covelo participou na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade do que é membro dende o ano 2006.

Becas de estudo para os veciños de Arbo

O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “ Segundo Gil Davila”, convoca unha liña de becas de estudo, que ascenden a unha contía de 500,00 € cada unha.