Mércores, 7 Maio de 2025

Covelo

O servizo de Atención Temperá en Covelo cumpre un ano

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, visitou o servizo de Atención Temperá, ubicado no centro de saúde de Maceira, para facer balance deste primeiro ano de funcionamento.

Covelo apraza a súa Mostra de Produtos de Covelo para o sábado día 16 de setembro

O Concello de Covelo informa que hoxe sábado día 2 de setembro non se poderá celebrar a Mostra de Produtos de Covelo. Ante a previsión metereolóxica de néboa e chuvia o Concello decidíu adiar esta cita que se celebra de forma estable cada primeiro sábado de mes.

A parroquia de Piñeiro, en Covelo, celebra a romaría na honra da Virxe da Guía

A parroquia de Piñeiro, en Covelo, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe da Guía.

Covelo comeza o mes de setembro cunha nova edición da súa Mostra de Produtos

Como cada primeiro sábado de mes o Concello de Covelo acolle a súa Mostra de Produtos de Covelo na praza Mestre Cerviño do centro urbano.

Adxudicadas as obras de pavimentación de camiños municipais en Barcia de Mera e Paraños

O Concello de Covelo informa que vén de adxudicar as obras de pavimentación de camiños municipais nas parroquias de Barcia de Mera e Paraños.

Covelo amplía a rede de abastecemento de auga potable

O Concello de Covelo continúa traballando na mellora dos servizos básicos e vén de ampliar a rede de abastecemento de auga potable dos barrios de As Pereiras e Vilanova, nas parroquias de Casteláns e de Barcia de Mera respectivamente.

Os veciños de Covelo reúnese para celebrar a romaría dea Xestosa

Como cada último domingo de agosto centos de familias da zona e visitantes reúnense para celebrar a romaría da Xestosa, na parroquia de San Salvador de Prado, en Covelo.

Roteiro polo río Alén e Barcia de Mera, o domingo gratis en Covelo

A Concellería de Turismo do Concello de Covelo informa da apertura do prazo de inscrición para o roteiro do río Alén e Barcia de Mera que terá lugar este domingo día 27 de agosto.

Visita ao serradoiro dos Carranos do delegado territorial da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado das obras de acondicionamento exterior e mellora do Aserradeiro de Os Carranos, no concello de Covelo.

A Orquestra Sinfónica de Galicia acturá este venres no Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera

O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera ofrece o seu sexto concerto este venres día 25. Aínda que, de xeito excepcional, mudan de sábado para venres o horario será o mesmo, ás 20 horas na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera.

Cine na rúa este domingo en Barcia de Mera, Covelo

Este domingo día 20 as pistas deportivas de Barcia de Mera, en Covelo, acollerán unha nova sesión do cine na rúa enmarcada na programación Verán Cultural.

O Concello de Covelo ofrece apoio ás familias para conciliar a primeira semana de setembro

O Concello de Covelo informa que ten aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación dirixido ás familias con nenos de 3 a 12 anos para cubrir a súa atención matinal na semana do 1 ao 8 de setembro.