Venres, 2 Maio de 2025

Arbo pon data ao seu Magosto Popular con castañas e chourizos de balde

O Concello de Arbo celebrará o seu tradicional Magosto Popular o domingo 3 de novembro, a partir das 17:00 horas, na Praza do Concello. Esta festa, que chega á súa sétima edición, promete reunir a numerosos veciños e veciñas, ademais de atraer a visitantes de outras localidades que buscan gozar dunha celebración que pon en valor a cultura popular galega.

O evento manterá a esencia das festas de magosto de sempre, cunha oferta de castañas asadas e chourizos que o Concello ofrece de balde, mentres soan os acordes da música tradicional galega interpretada por grupos folclóricos locais.

Na edición anterior, consumíronse preto de 40 quilos de chourizos e 80 quilos de castañas asadas ao estilo tradicional, unha mostra do éxito e da acollida desta festa. Dende o Concello, animan a todos a achegarse a Arbo para vivir unha tarde de boa compañía, castañas, chourizos e música, destacando que Arbo é un destino para desfrutar en calquera época do ano.