Domingo, 4 Maio de 2025

O Rosal mellora o tramo oeste da estrada vella de San Miguel, na contorna da Cumieira

O treito da estrada xa está a pleno rendemento despois das obras, que foron financiadas polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

A estrada Vella de San Miguel, na contorna da Cumieira, no Rosal, xa está a pleno rendemento despois de que se fixeran traballos de reconfiguración e asfaltado ao longo de 260 metros lineis o que supuso un total de máis de 1.500 m2 de vía nos que se realizaron estes traballos de mellora e que agora mesmo está plenamente operativa.

Cun orzamento de máis de 110.000 euros, os traballos incluíron unha renovación do muro de contención, que se atopaba en moi mal estado, así como unha mellora na xestión das augas, tanto as pluviais e de abastecemento como augas superficiais, e unha renovación do asfalto. Ademais, mellorouse a diferenciación das vías peonís, para dotar de maior seguridade todo o tramo.

Esta actuación resultou nunha mellora significativa na seguridade da veciñanza residente na zona, e dos numerosos vehículos que pasan diariamente por esta estrada da parroquia de San Miguel de Tabagón.