Domingo, 4 Maio de 2025

A Casa de Papá Noel, na Alameda Castelao, abriu onte as súas portas para recibir aos nenos

A alcaldesa recibiu a Papá Noel á súa chegada a Redondela acompañada pola concelleira de Cultura, Iria Vilaboa

A Casa de Papá Noel, iniciativa posta en marcha no 2019 polo Goberno local a fin de ofrecer un lugar de descanso a Papá Noel logo da súa longa viaxe dende Laponia, abriu onte pola tarde de novo as súas portas para recibir a todos os nenos e nenas de Redondela.

A casa, situada na Alameda Castelao e similar á que Papá Noel ten en Rovaniemi, na provincia de Laponia, Finlandia, estará aberta dende hoxe ata o día 23 de decembro e horario de 17 h a 19:30 horas para o día 24, día de Noiteboa, abrir en horario de mañá e tarde de 11 h a 14 horas e de 16:30 h a 19 horas.