Sábado, 3 Maio de 2025

O Concello abre o prazo de inscrición para o campamento de verán municipal

O obxectivo é ofrecer actividades lúdicas e educativas a nenos e nenas ao tempo que se axuda a conciliar a vida familiar e laboral

O Concello do Rosal abre o vindeiro luns 7 de xuño o prazo para a inscrición para o campamento de verán municipal, dirixido a nenos e nenas de educación infantil e primaria e que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto na Escola de Marzán con todas as medidas de prevención e seguridade.

Con esta iniciativa o Concello busca “colaborar coas familias na conciliación laboral tras o remate do período lectivo á vez que se ofrece a rapaces e rapazas actividades lúdicas e educativas coas que dinamizar o tempo libre durante o período estival”, como destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O campamento celebrarase de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas con opción a solicitar aula matinal dende as 08:00 h e saída ás 15:00 horas. Poderán solicitalo aqueles nenos e nenas empadroados no Rosal ou que os seus pais e nais ou titores legais traballen ou posúan un negocio no municipio. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude ata o vindeiro 15 de xuño no Rexistro municipal do Rosal en horario de 09:00 a 14:00 horas.