Venres, 9 Maio de 2025

Baiona tínguese de laranxa para visibilizar a loita contra a fibrose quística

Baiona iluminou de cor laranxa a casa do Concello na noite deste luns ao amparo da conmemoración do Día Nacional da Fibrose Quística, que se celebra hoxe 28 de abril. Deste xeito a institución baionesa únese á demanda da Asociación Galega de Fibrose Quística, co obxectivo de  visibilizar a enfermidade.

O edificio municipal estivo tamén iluminado desta cor durante a noite deste de martes tamén para tratar de dar maior visibilidade a esta enfermidade e aos colectivos que traballan na loita da mesma e con persoas afectadas.