Luns, 5 Maio de 2025

Galicia rexistra un total de 1.783 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.783, deles 1.045 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 157 da de Ourense, 80 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 113 da de Santiago, e 77 da de Ferrol. 

Do total de pacientes positivos, 6 están en UCI, 64 en unidades de hospitalización e 1.713 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.701 persoas curadas, rexistrándose 626 falecementos.

A última persoa falecida foi un home de 90 anos que estaba ingresado no CHUAC e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 290.491. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais. Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.