13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: xabarín club

    Visita a mostra do Xabarín Club e deixa a túa sinatura para unha canle infantil e xuvenil en galego 24 horas

    O Salón de Exposicións acolle ata o vindeiro mes de xaneiro a mostra ‘Asina! Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG’, unha exposición creada polo alumnado do CEIP A Guía de Moaña ao abeiro da campaña da Mesa pola Normalización Lingüística.

    Ponteareas súmase á ‘Iniciativa Xabarín’ para a difusión de programación infantil e xuvenil en galego

    O Concello de Ponteareas vén de sumarse á campaña popular para pedir a través dunha proposición no Parlamento Galego que a TVG se dote dunha maior oferta de contidos para a infancia e a mocidade, retomando a labor que no seu día efectuaba o 'Xabarín Club'. Esta campaña, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística tras unha iniciativa particular, pretende ademais que a programación infantil e xuvenil estea dispoñible en todas as plataformas de contidos audiovisuais

    Chega ao Rosal o xabaril máis famoso

    O Xabarín Club arrasou nas tardes da TVG a finais do século pasado e ata deu nome á xeración de rapaces e rapazas que se achegaron a unha programación infantil e xuvenil en lingua galega.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.