9.6 C
Pontevedra
Domingo, 3 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: vilariño

    Nigrán dotará a Vilariño dun centro social e auditorio ao aire libre

    O Concello de Nigrán investirá 600.000 € para dotar ao barrio de Vilariño (San Pedro) dun centro social para uso polivalente e auditorio ao aire libre con zonas cubertas.

    Nigrán rehabilitará os vestiarios do campo de fútbol de Vilariño

    O Concello de Nigrán investirá 187.444 € na completa renovación dos vestiarios do campo de fútbol de Vilariño, con este obxectivo aprobou no derradeiro pleno a reserva dunha partida orzamentaria ao respecto.

    «As lentes violetas» de ‘Volvoreta e Volvoreta’ levan a Vilariño o programa ‘A Igualdade non é un conto’

    O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continúa este mércores 12 de agosto ás 20:30 en Vilariño (capela de Padres Franciscanos) o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.

    Nigrán amplía o saneamento en Vilariño de Abaixo logo de acadar, despois de anos, o acordo de todos os propietarios de terreos

    O Concello de Nigrán, a través da empresa concesionaria Aqualia, ven de rematar as obras de conexión á rede municipal de saneamento na rúa Vilariño de Abaixo tras acadar finalmente o acordo de todos os propietarios despois de anos. Deste xeito, os interesados xa poden tramitar esta conexión que beneficia a 10 vivendas e 5 parcelas pendentes de urbanizar.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.