20.9 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Xullo de 2024
Máis

    Tag: víctor muñoz

    O mercado de Sabarís volve a abrir o luns coa totalidade dos postos de venda

    O vindeiro luns, día 31 de maio, reiniciarase a actividade do tradicional mercado de Sabarís con todos os postos que viñan sendo habituais e garantindo as medidas de seguridade fronte á covid-19 establecidas pola normativa vixente.

    O Concello de Baiona pon en marcha a redacción dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible

    O Concello de Baiona iniciou hai uns días o proceso de redacción do seu Plan de Mobilidade Sostible para o que, nestas semanas, a empresa redactora está a realizar unha primeira análise da situación do concello en termos de mobilidade e calidade dos espazos públicos.

    Baiona reduce o número de postos no mercado semanal de Sabarís

    O Concello de Baiona acordou adoptar medidas de prevención adicionais no mercado semanal dos luns de Sabarís coa redución do número de postos, en virtude das medidas de restrición adoptadas pola Consellería de Sanidade fronte ao COVID-19 sobre as actividades ao aire libre. Así, a Concellería de Comercio e Mercado,...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.