Tag: valentín garcía
Xunta e ‘Renfe Viajeros’ homenaxean a Carvalho Calero nos trens de alta velocidade e nas estacións das sete cidades galegas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta semana a campaña posta en marcha pola Xunta de Galicia e 'Renfe Viajeros' para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no marco da Semana das Letras Galegas que este ano, de xeito excepcional, se está a celebrar en outubro. Así, a través desta iniciativa os repousacabezas de 13 trens de alta velocidade do corredor atlántico A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo e do corredor Avant A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense lucirán a imaxe da campaña institucional durante un mes.