Tag: synthèse quartet
A prometedora agrupación «Synthése Quartet» ofrece este sábado un concerto no auditorio de Nigrán
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de xaneiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto da prometedora agrupación camerística 'Synthèse Quartet', encadrado no 'I Cliclo Novos Intérpretes' lanzado o pasado decembro desde o consistorio. A entrada, como a todos estes concertos, é de balde ata completar o aforo. O repertorio e o dossier completo da formación está pendurado na web municipal www.nigran.es.