14.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: sona gaifar

    O festival ‘Sona Gaifar’ chega esta fin de semana a Nigrán

    O Concello de Nigrán abre este venres e sábado a súa tempada de festivais musicais de verán coa segunda edición de Sona Gaifar neste espazo municipal de Panxón (Gaifar).

    Nigrán estrea o ciclo ‘Sona Gaifar’ o venres 10 de xullo coas actuacións de Belém Tajes, Akazie, Fon Kid e Yugen Kala

    O Concello de Nigrán presenta a súa primeira edición de Sona Gaifar coma un novo evento sonoro apoiado pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2020 que ven a complementar a oferta musical e cultural do verán na localidade. Con dúas datas, venres 10 de xullo e venres 14 de agosto, propón sesións de escoita para as tardes e solpores de Panxón (no Espazo deportivo Dunas de Gaifar, lugar que acollerá máis eventos este verán e que se estrea con este).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.