14.8 C
Pontevedra
Domingo, 21 de Abril de 2024
Máis

    Tag: sicted

    34 empresas e servizos de Baiona superan o Comité de Distinción Sicted

    34 empresas e servizos de Baiona acudiron ao Comité de Distinción Sicted de decembro 2022, para renovar os seus distintivos ou para realizar a avaliación de seguimento.

    A provincia de Pontevedra, mellor destino de calidade turística de toda España

    A provincia de Pontevedra foi hoxe a gran protagonista na entrega dos XII Premios Nacionais SICTED ao ser escollida como o mellor destino de calidade turística de toda España.

    A Deputación reforza o liderado en calidade turística renovando o sistema SICTED

    A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación dun novo contrato de servizos para a implantación e desenvolvemento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) no destino Rías Baixas Pontevedra Provincia.

    Ponteareas acadou 10 dos 35 distintivos de calidade SICTED do Condado e A Paradanta

    Na I Gala de Calidade Turística Condado Paradanta repartíronse 24 dos 35 distintivos de calidade do Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos (SICTED). Nove deles xa foron asignados o ano pasado e, ao posuíren unha periodicidade bianual, foron renovados de forma automática.

    Entrega distintivos Sicted en Baiona

    O alcalde de Baiona e responsable de Turismo, Ángel Rodal, fixo entrega no Salón de Plenos do Concello de Baiona dos distintivos de calidade ás 29 empresas e servizos que superaron o comité de decembro pasado. Rodal agradeceu aos establecementos turísticos, o seu compromiso coa calidade e a súa continuidade...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.