Tag: senda verde
Rematados os traballos da Senda Verde que transforman a antiga vía de ferrocarril nun novo espazo de lecer
A Senda Verde de Chapela xa é unha realidade. O antigo trazado ferroviario vén de converterse nun espazo de lecer e esparexemento para a cidadanía, ofrecendo un marco idóneo para o paseo, a práctica do deporte e a vida saudable.
A Vía Verde, proxecto estrela da EDUSI Redondela 2020, será presentado mañá xoves en Chapela
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, presentará este xoves, 6 de maio ás 19 horas na alameda de Chapela, as obras de acondicionamento da vía férrea en desuso para Vía Verde de esparexemento peonil e ciclista. A rexedora estará acompañada polos redactores do proxecto, a empresa NAVES Arquitectura.
Redondela xa ten o proxecto que transformará en ‘Senda Verde’ a vía férrea de Chapela
A Senda Verde de Chapela, un dos primeiros expedientes aprobados polo actual Equipo de Goberno, comeza a tomar forma logo do informe favorable emitido polos servizos técnicos municipais e á espera das autorizacións sectoriais de Augas de Galicia e Estradas da Xunta de Galicia.