Tag: seca
A Deputación aproba en tempo récord “a máis ambiciosa liña de axudas de Galicia” para combater os efectos da seca
A Xunta de Goberno provincial aprobou este pasado venres a Liña Extraordinaria de Axudas aos Concellos, Entidades Locais e Mancomunidades para Actuacións de Emerxencia diante da Seca, un plan dotado con 3 millóns de euros, e que, ademais, terá efectos retroactivos ao cubrir as actuacións realizadas entre o pasado 1 de agosto e o próximo 31 de outubro.