Tag: rondallas
Preto de mil rondalleiros poñen o broche final ao Nadal do Porriño
O Porriño puxo onte o broche final aos festexos do Nadal 22-23 ao son das rondallas. Preto de mil rondalleiros e rondalleiras de dez agrupacións do Porriño, Mos, Tui, Nigrán e Gondomar puxeron en pé ao público que ateigou o pavillón municipal, que colgou o cartel de aforo completo.
Redondela volve a celebrar o certame de Rondallas e Ranchos de Reis e a tradicional Feira de Reis
O Concello de Redondela celebra, o día 6 de xaneiro, o tradicional certame de Rondallas e Ranchos de Reis para o que destinan 3.000 euros de presuposto en premios. Ademais de ser un día de troula e celebración, tamén coincide coa tradicional Feira de Reis que corresponde coa primeira feira do ano e que soe ser das máis concurridas.
Nigrán ofrece o domingo o III Certame de Rondallas do Val Miñor
O Concello de Nigrán e o C.C.R. Parada do Miñor ofrecen o domingo 18 de decembro desde as 10:30 horas na Alameda de San Campio de A Ramallosa o III Certame de Rondallas do Val Miñor.
O Porriño móvese ao ritmo das rondallas
No Porriño non pode haber Nadal sen a música das súa rondallas. As dúas agrupacións do muncipio, a Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios e a Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas, serán as encargadas de marcar o ritmo.
O alcalde do Porriño considera admirable o comportamento da veciñanza no desfile de rondallas
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, valorou "o comportamento admirable" do público que presenciou o desfile conxunto de rondallas de Mos e O Porriño celebrado onte domingo.
Porriño e Mos celebran en conxunto o desfile de rondallas o domingo
O vindeiro domingo 2 de xaneiro, se as condicións meteorolóxicas o permiten, Porriño e Mos celebrarán conxuntamente o desfile das rondallas de ambos concellos, segundo acordaron os respectivos rexedores municipais.
Aberta a inscrición para que Rondallas e Ranchos de Reis participen nos actos programados para a festividade de Reis 2022
Ata o día 31 de decembro terán de prazo para inscribirse as Rondallas e Ranchos de Reis que desexen participar nos actos programados polo Concello de Redondela con motivo da festividade de Reis 2022.
Gondomar inicia os trámites para que as Rondallas de Reis sexan Festa de Interese Turístico de Galicia
“É un compromiso que adquirimos como goberno hai case un ano e que, aínda que se viu freado pola pandemia, non deixamos de traballar nin un momento para que sexa unha realidade canto antes. Con esta aprobación damos un paso importante: formalizar a solicitude ante Xunta de Galicia para que o comité de valoración da Consellería de Turismo visite a celebración do 6 de xaneiro 2022”, explicou o rexedor Paco Ferreira.