11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: revisión catastral

    Avalancha de veciños para informarse da revisión do Catastro en Mos

    Avalancha de veciños na oficina municipal de información sobre Catastro do Concello de Mos. A administración local mosense destinou desde o luns dúas traballadoras municipais (a arquitecto técnico e unha administrativo) á información pública sobre a nova revisión catastral pola que Catastro realiza unha ponencia de valores do chan e das edificacións aumentando notablemente o importe do IBI aos mosenses.

    A ORAL confírmalle ao Concello de Salceda que “dosificará” o cobro dos recibos dos últimos catro anos de catastro

    A directora do ORAL, Inmaculada Viña, ven de confirmarlle ao Concello de Salceda de Caselas, logo de diversas consultas realizadas dende o equipo de Goberno, que o organismo de recadación está en disposición de emitir de xeito escalonado os recibos derivados da regularización catastral que está a levar o Ministerio de Facenda en Salceda e noutros municipios.

    O Ministerio de Hacienda envía 15.500 notificacións de Catastro á veciñanza de Salceda

    O Concello de Salceda de Caselas segue a atender á veciñanza afectada polo procedemento iniciado de oficio polo Ministerio de Hacienda a través do Catastro nos concellos de Mos, O Porriño, Bueu e Salceda. A oficina habilitada con catro persoas leva atendido xa máis de 600 notificacións nestas dúas semanas, que fundamentalmente responden a erros de titularidade e/ou medicións. A próxima semana a oficina funcionará tamén polas tardes, para poder deste xeito atender a un maior número de persoas.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.