7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: residencia santa ana

    A Xunta substituirá o ascensor da residencia Santa Ana de Ponteareas

    A Xunta de Galicia investirá 40.000 euros na substitución do ascensor da residencia Santa Ana de Ponteareas. O deterioro que ten o edificio preocupa á Consellería de Política Social, e así llo fixo saber Fabiola García a alcaldesa do Concello na última reunión que mantivo con ela.

    O Concello de Ponteareas dota á residencia municipal de maiores ‘Santa Ana’ de novo equipamento

    O Concello de Ponteareas acaba de dotar de novo equipamento á residencia municipal de maiores Santa Ana, co obxectivo de continuar mellorando as instalacións e prestar así un servizo de calidade. A concellaría de Benestar Social, dirixida por Verónica Carrera, subministrou a este centro 25 novos colchóns viscoelast e dúas camas articuladas con carro elevador e somier eléctrico, colchón visco, trapecio e varandas metálicas.

    Benestar Social de Ponteareas “esixe unha rectificación pública” ao PP polas declaracións sobre o servizo de comidas da Residencia

    O Concello de Ponteareas, a través da concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, tachou de 'disparate' as acusacións do PP de privatización do servizo de cociña da Residencia de Maiores. A edil nacionalista explicou que "non existe ningunha contratación privada de tal servizo que se presta e sigue prestando con persoal municipal".

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.