Tag: regata
O Porto da Guarda acolle este sábado a regata XXI Bandeira Concello da Guarda
O mércores 16 de marzo presentouse ante os medios de comunicación a regata XXI Bandeira Concello da Guarda - Memorial Antonino Torrón, acto ao que asistiron Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes; Fernando Rodríguez Freitas, representante da Xunta Directiva do Clube de Remo Robaleira e Jesús Manuel Pérez Martínez, representante de ORPAGU - patrocinador principal do Clube de Remo Robaleira.
O Aceites Abril gana o seu quinto Trofeo Conde de Gondomar
O Aceites Abril, patroneado por Luis e Jorge Pérez Canal, gañou a cuadraxésimo sexta edición do Trofeo Conde de Gondomar – Gran Premio Zelnova Zeltia Banco Sabadell tras selar unha fin de semana perfecta que lle permitiu ao equipo do Real Club Náutico de Vigo sumar o seu quinto triunfo na emblemática regata cunha vantaxe de cinco puntos sobre o segundo clasificado.
Volve o Trofeo Conde de Gondomar
En apenas dous días dará comezo en Galicia a cuadraxésimo sexta edición dunha das regatas máis lonxevas e carismáticas do panorama náutico español, o Trofeo Conde de Gondomar, que o Monte Real Club de Yates saca a escena neste 2021 baixo o nome de Gran Premio Zelnova Zeltia Banco Sabadell en honra ao tándem de patrocinadores.