16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: Rallye Recalvi Rías Baixas

    Volve, un ano máis, o Rallye Recalvi Rías Baixas ao Porriño

    O Concello do Porriño acolleu hoxe a presentación da 56 edición do Ralllye Recalvi Rías Baixas. O acto, que presidiu o alcalde, Alejandro Lorenzo, contou coa participación de Fernando Mouriño, presidente da Escudería Rías Baixas, José Vicente Medina, vicepresidente da RFEA, Abel Estévez, concelleiro de Deportes e José Manuel Freire, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia.

    O “Ralllye Recalvi Rías Baixas” supera as expectativas e contará con 120 pilotos

    O Concello do Porriño acolleu hoxe a presentación da 55 edición do Ralllye Recalvi Rías Baixas.

    Os motores do Rallye Rías Baixas ruxirán de novo en Gondomar

    A 54 Edición do Rallye Rías Baixas, emblemática proba de motor a nivel nacional e internacional, regresa este sábado a Gondomar onde realizará tres tramos do percorrido e outros tantos pasos de control.

    O Porriño renova o seu vínculo co Rallye Recalvi Rías Baixas

    O Porriño será de novo parte esencial do "Rallye Recalvi Rías Baixas" que acadará a súa 54ª edición despois do forzoso parón ocasionado pola pandemia en 2020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.