Tag: punto arco da vella
O Entroido de Verán de Redondela contará, por primeira vez, cun punto LGTBIQ
O «Entroido de Verán» de Redondela contará, por primeira vez, cun punto LGTBIQ que se engadirá ao Punto Violeta para facer desta festa "unha celebración realmente inclusiva e diversa" como sinalou a alcaldesa Digna Rivas na presentación desta iniciativa de Igualdade. A festa tamén contará, antes de cada concerto, con audios contra a violencia machista.