Tag: PO402
A Xunta aproba a construción dunha senda entre Oleiros e Leirado, en Salvaterra de Miño
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aprobou o proxecto de construción para a mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria na estrada autonómica PO-402, entre os núcleos de Oleiros e Leirado, no concello de Salvaterra de Miño.