7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: persoas ostomizadas

    O edificio administrativo da Deputación conta xa co primeiro aseo adaptado ás necesidades das persoas ostomizadas

    A Deputación de Pontevedra dá un paso máis no seu total compromiso coas persoas ostomizadas coa posta en marcha do primeiro aseo adaptado, radicado no Edificio Administrativo, e confirma o inicio dos traballos para a instalación doutros servizos accesibles na sede provincial en Vigo e no Sexto Edificio do Museo.

    A Deputación conmemora este sábado o Día Mundial das persoas ostomizadas iluminando de verde o seu Pazo Provincial

    A Deputación de Pontevedra iluminará de verde o Pazo Provincial desde a tarde deste venres 2 de outubro ata a mañá do luns 5, ao abeiro do Día Mundial das persoas ostomizadas que se celebra o sábado. Deste xeito, a institución revalida o seu apoio ao colectivo co que, a través de entidades como ASEII, leva traballando dende xaneiro para dotar de aseos adaptados aos edificios da Deputación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.