13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: paro

    Tui ten menos de mil persoas en paro por primeira vez en quince anos

    Por primeira vez en quince anos, o número de persoas desempregadas en Tui descendeu por baixo da barreira das 1000, segundo os datos correspondentes ao mes de maio de 2023. En concreto o paro situouse nas 989 persoas o mes pasado, diminuíndo en 98 persoas con respecto a abril.

    Descenso dun 11% do paro en Ponteareas

    O paro baixou un 11 % no primeiro semestre do ano en Ponteareas. En xaneiro había 2.046 persoas paradas, e a finais de xullo 1.833, un 8 % da poboación total do municipio. A tendencia é positiva e, se toda vai segundo o previsto, vaise manter coa recuperación económica posterior á Covid-19.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.