12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: orienta tea

    Mondariz abre a inscrición para unha nova edición da proba de orientación nocturna por equipos ‘Orienta-Tea’

    Esta semana comezou o período de inscrición para ORIENTA-TEA 2021, unha proba de orientación nocturna para persoas maiores de 16 anos que se organiza no Concello de Mondariz desde 2016 con gran éxito de participación. Este ano está programada para o 11 de setembro, a partir das 21:00 horas.

    O 14 de setembro Mondariz acolle unha nova edición de ‘Orienta-Tea’

    A praia fluvial do Val, en Mondariz, volverá a ser o punto de partida da proba de orientación nocturna 'Orienta-tea' o vindeiro sábado, 14 de setembro, a partir das 20:30 horas, unha proba que dende a súa posta en marcha, cada ano conta con maior aceptación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.