11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: musica

    O ‘Solpor’ de Nigrán regresa ao miradoiro de Monteferro onde se darán cita as mellores bandas da comarca

    O Concello de Nigrán regresa ao mellor escenario do mundo, o miradoiro de Monteferro, para abrir a programación de verán coa quinta edición do festival Solpor os días 2 e 3 de xullo tras o ano 2020 no espazo público de Gaifar. Isius e Eladio e os Seres Queridos...

    Música, arquitectura e ecoloxía centran as actividades da Deputación para esta fin de semana

    A oferta de actividades sostibles da Deputación non decae neste inicio de outubro. Así, música, arquitectura e coidado do medio ambiente centran a programación provincial nos concellos de Cangas, Vigo, Nigrán e Baiona.

    Alberto Vilas sorprenderá ao público co seu concerto de piano no Espazo Fortaleza de Goián

    Un marco incomparable para un concerto único. O recoñecido músico e compositor Alberto Vilas levará o seu piano ao Espazo Fortaleza de Goián o vindeiro sábado 5 de setembro para sorprender ao público cun concerto íntimo e persoal nunha contorna privilexiada, un auditorio natural ao aire libre no que o silencio é a nota predominante.

    Tomiño participa nun proxecto europeo para promover a formación en valores, a través da música

    “Play2 Grow!” é o nome que agrupa aos Concellos de Paredes de Coura e Tomiño, e ás respectivas Escola de Rock e Escola de Música de Goián, coa Fondazione Maria Ida Viglino per la Cultura Musicale de Aosta (Italia), nun proxecto Erasmus que pretende xerar un conxunto de actividades formativas, que permitan a mozos e mozas adquirir unha serie de valores e habilidades a través da música.

    O XIV Nigranjazz extende a súa duración apostando por lendas nacionais e artistas europeos

    O Concello de Nigrán aposta neste XIV Nigranjazz por duplicar a duración do festival de dous a catro días e extender a súa localización orixinal do esteiro da Foz a Patos e Panxón co obxectivo de disgregar ao público ante as restricións sanitarias vixentes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.