13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: mosende

    O Porriño doa terreos para ampliar o Centro Cultural de Mosende

    O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o presidente da Asociación de Veciños de San Xurxo de Mosende, Ángel Lago, asinaron esta semana o convenio de doazón de terreos entre ambas entidades para a execución de obras de ampliación do Cento Cultural de Mosende e o acondicionamento da súa contorna.

    O Concello do Porriño renova o piso da escola de Mosende

    O Concello do Porriño comezou os traballos de renovación do piso das aulas da Escola de Educación Infantil de Mosende.

    O Concello do Porriño acondicionará a aula de xogo da Escola Unitaria de Mosende

    O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, iniciou onte a súa ronda de visitas aos centros educativos do municipio e o fixo na Escola de Educación Infantil de Mosende.

    Comeza en Mosende o “Ciclo de Música Medieval en Camiño”

    O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, vai desenvolver un ciclo de concertos de música medieval a realizárense nas igrexas e capelas das parroquias e barrios do termo municipal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.