Tag: minuto de silencio
Nigrán grita, co seu silencio, contra a violencia machista
As veces, un silencio di moito máis que mil gritos. Traballadores e traballadoras do Concello de Nigrán, Corporación Municipal e veciños e veciñas, concentráronse diante da Casa do Concello para, con esa presenza silenciosa, amosar a súa dor polo triple crime machista de Valga.