Tag: lixo electrónico
O proxecto ‘ESTRAEE’ pecha con éxito o pioneiro sistema de recollida e tratamento do lixo electrónico
Unha xornada técnica sobre a estratexia transfronteiriza da xestión dos RAEE (residuos eléctricos e electrónicos), serviu hoxe para pechar os programas e actividades do Proxecto ESTRAEE que, desde 2017, liderou a Deputación de Pontevedra, xunto a socios españois e portugueses como Lipor, para poñer en marcha un sistema de recollida e tratamento do lixo electrónico.
A Deputación acompaña aos concellos na adaptación das súas normativas sobre residuos coa edición dunha guía sobre xestión do ‘lixo electrónico’
Os 61 concellos da provincia, así como as cámaras municipais do norte de Portugal xa dispoñen dunha ordenanza guía sobre xestión integral dos Residuos Eléctricos e Electrónicos (RAEE) que vén de publicar a Deputación de Pontevedra. O documento está colgado do portal web do proxecto europeo ESTRAEE e consiste nunha completa proposta que permitirá aos entes locais que o desexen adaptar as súas normativas municipais sobre residuos para o tratamento dun tipo específico de lixo extremadamente contaminante e cada vez máis presente.
O proxecto europeo ESTRAEE para xestión do “lixo electrónico”, exemplo de colaboración transfronteiriza a prol da transición ecolóxica
Haberá moitos outros proxectos europeos de colaboración transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal seguindo a estela da Estratexia Sostible para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (ESTRAEE).
A Guarda instala na praza de abastos colectores para residuos de aparellos eléctricos e electrónicos ao abeiro do ‘Proxecto Estraee’
A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de instalar no andar superior da Praza de Abastos da localidade 3 colectores para depositar residuos de aparellos eléctricos e electrónicos:móbiles e tablets, pilas e baterías e cargadores e cables. Esta acción realízase ao abeiro do o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do 'lixo electrónico' promovido pola Deputación de Pontevedra.
Ponteareas promoverá a reciclaxe e reutilización do lixo electrónico
Ponteareas será un dos once concellos da provincia que participará na campaña da Deputación de Pontevedra de reciclaxe e reutilización do lixo electrónico, segundo informou hoxe a concelleira de Medio Ambiente do Concello ponteareán, Rosa Covelo.