Tag: leirado
Arrancan as obras de mellora de mobilidade peonil na EP-4006 en Leirado
No día de hoxe arrancaban as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do Colexio de Leirado, unha obra que ascende a 186.000 euros e que está financiada nun 80% pola Deputación de Pontevedra (148.800 €) e nun 20% polo Concello de Salvaterra.
A selección galega alevín de Fútbol Sala adestra en Leirado
As xogadoras da Selección Galega Alevín Sur de Fútbol Sala, capitaneadas pola nova seleccionadora Bea Seijas, desprazáronse o pasado mércores ata o pavillón de Leirado realizar o seu adestramento. O combinado galego utilizou unhas instalacións que se acaban de reformar recentemente.
Salvaterra de Miño substitúe o piso do Pavillón Municipal de Leirado
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, acompañada polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Ernesto Groba e o concelleiro de Leirado, supervisaron as obras de substitución do piso do Pavillón Municipal de Leirado que contan cun investimento de 61.752,29 €.