11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: hortensia bautista

    Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro presentan ‘Bambán de vento’ en Ponteareas

    No marco do ciclo de presentacións de libros Abril, mes dos libros, que organiza a Concellaría de Cultura para celebrar o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, a escritora Hortensia Bautista e a pintora Aurora Quinteiro presentarán en Ponteareas o seu último libro, Bambán de vento. O acto terá lugar este sábado 17 de abril, ás 20 horas, na sala multiúsos do Auditorio Municipal, e contará coa presenza e participación das dúas creadoras ponteareás.

    O musical ‘Os Rockenstein’ chega ao auditorio este domingo día 5

    O Auditorio Municipal de Ponteareas acolle, este domingo, 5 de maio, ás 19 horas, o musical 'Os Rockenstein' da compañía Malasombra Producións. Para aquelas persoas que así o desexen, a Concellería de Cutlura que dirixe Hortensia Bautista, pon ao seu dispor o servizo de reserva de entradas no enderezo...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.