12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: forcadela

    A Xunta inicia as obras da senda peonil en Forcadelas

    A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou as obras de construción dunha senda peonil na estrada PO-195 en Forcadela, no concello de Tomiño.

    Tomiño pisa o acelerador na prevención de incendios das parroquias de Tomiño e Forcadela

    Co fin de anticiparse ás históricas vagas de incendios acontecidas frecuentemente nos meses de setembro e outubro, o Concello de Tomiño continúa coa implementación de políticas destinadas a evitar estes sucesos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.