12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: esteban gonzález miranda

    O PP de Tomiño pide anular a modificación puntual do PXOM “por incumprir a Lei e non representar os intereses da veciñanza”

    O Partido Popular de Tomiño solicita anular e deixar sen efecto a modificación puntual número 9 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, porque "nin se axusta á Lei nin defende o intereses xeral dos veciños do concello". O grupo municipal presentou alegacións ao documento, co fin de “antepoñer os intereses dos veciños e do propio concello a unhas actuacións que distan moito da realidade urbanística de Tomiño”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.