12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: espazos verdes

    O Concello da Guarda mellorará os espazos axardinados da estrada de Circunvalación

    O Concello da Guarda porá en marcha nos próximos días un proxecto para a mellora estética das zonas verdes existentes na estrada de circunvalación ao seu paso polo barrio da Cruzada.

    O Concello de Nigrán facilita os seus espazos verdes ao centro Juan María para un curso de mantemento de zonas axardinadas

    O Concello de Nigrán facilita os seus espazos verdes para a realización de prácticas laborais do alumnado do CEE Juan María como parte do curso 'Limpeza Vial e Mantemento de zonas axardinadas'.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.