18.5 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: eiras

    A contorna da igrexa das Eiras convértese nun espazo máis accesible

    O Concello do Rosal vén de rematar as obras de transformación e mellora da accesibilidade da contorna da igrexa de San Bartolomeu, nas Eiras, uns traballos enmarcados no proxecto de recuperación da zona de elevado valor natural e patrimonial que vai dende a Ribeira ata a Madalena.

    Mos e O Porriño amosan o seu desacordo coa postura de Vigo ante o risco de seca en Eiras

    Os Concellos de Mos e O Porriño participaron na reunión convocada por Vigo con motivo do risco de seca na área abastecida por Eiras.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.