Tag: día mundial do medioambiente
Cambio climático, contaminación mariña e enerxía centran hoxe as actividades do programa do Día Mundial do Medio Ambiente en Tui
Hoxe venres, 11 de xuño, Tui da continuidade aos os actos organizados para celebrar o Día Mundial de Medio Ambiente, que comezaron a semana pasada. A Sala Municipal de Exposicións acollerá o programa de actividades previsto que contará coa inauguración da mostra 'Adaptación: a outra cara do cambio climático' e unha charla obradoiro e proxección dun documental dentro da actividade 'Enerxía e Clima'.