17.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: día do orgullo

    A Guarda celebra esta semana a diversidade e o Orgullo por terceiro ano consecutivo

    As actividades de “A Guarda Diversa 2022” arrancaron xa na xornada deste martes día 28 coa colocación da bandeira do colectivo e coa publicación na web municipal e nas redes sociais do vídeo co Manifesto a cargo do alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

    A Guarda Diversa volve a celebrar o Orgullo por terceiro ano consecutivo

    As actividades arrancarán na xornada do martes día 28 coa colocación da bandeira do colectivo e coa publicación na web municipal e nas redes sociais do Manifesto a cargo do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba.

    O Porriño presenta os actos para o Día do Orgullo LGTBIQ+

    A concelleira de Igualdade do Porriño, Cami Moreira, reclamou a necesidade de "falar e facer cotián a diversidade sexual para aceptar as diferenzas sen temelas, para poder vivir de xeito libre e sen discriminacións".

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.