7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: deporuarte

    O programa DepoRúARTE da Deputación pechou 2020 con novos compromisos da mocidade coa sustentabilidade e coa axenda 2030

    A Deputación de Pontevedra ven de pechar a V edición do programa DepoRúARTE, o programa de arte urbano que a institución desenvolve cos centros educativos da provincia, coa finalidade de levar a cabo actividades coas que reforzar a conciencia pública do colectivo xuvenil e que cada edición involucra a centos de estudantes.

    ‘Planeta Príncipe’, a aposta da mocidade do Príncipe Felipe no primeiro mural de DeporúARTE sobre a emerxencia climática

    'Emerxencia climática: é cousa de tod@s. Planeta Príncipe' é o lema do mural que hoxe pintaron preto de vinte mozos e mozas residentes no Centro Príncipe Felipe nos exteriores do complexo para facer unha chamada á responsabilidade colectiva á hora de mitigar os efectos do cambio climático. Este traballo constitúe a primeira das accións da quinta edición do programa educativo 'DeporúARTE' da Deputación de Pontevedra, dirixido ao colectivo xuvenil, e que este 2020 ten como lema “Polo clima, pensando no 2030”.

    Arranca a cuarta edición de DepoRúArte, a aposta da Deputación pola arte urbana

    A iniciativa, anual e programada, da Deputación de Pontevedra dirixida á mocidade da provincia 'DepoRúArte' chega á súa cuarta edición centrada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Deste xeito, no CPI Toural de Vilaboa, IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada, IES Chapela en Redondela, IES Monte da Vila no Grove e IES...

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.