Tag: depo auga
“Depo Auga” abre a inscripción para a primeira actividade
A Deputación de Pontevedra xa ten aberto o prazo de inscrición para a primeira das actividades desta segunda edición de Depo Auga, o programa de deporte sostible de rutas guiadas por ríos ou praias de diferentes concellos da provincia nunha táboa de paddle surf ou nun kayak.
Esgotadas en 24 horas as 104 prazas para a primeira actividade do ‘Depo Auga’ no río Deva na Cañiza
Depo Auga, o novo programa da Deputación de Pontevedra que combina deporte e natureza a través do paddle surf e o kayak nos ríos da provincia, tense estreado cunha excepcional acollida. Así, as 104 prazas para a primeira das actividades, prevista o vindeiro 8 de agosto no río Deva, no concello da Cañiza, esgotáronse en tan só 24 horas trala apertura este luns do prazo de inscrición, e tamén está completa a lista de agarda para o caso en que se produzan baixas.