Tag: cov
O Concello de Baiona vixiará o cumprimento das normas de seguridade sanitaria sobre a COVID-19
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, anunciou que o Concello establecerá medidas de vixilancia “rigorosas” sobre o cumprimento das normas de seguridade sanitaria sobre a COVID-19 e, no caso concreto das reunións de mozos e mozas na fin de semana para realizar 'botellón', “a policía local será estrita e procederá a sancionar a aqueles e aquelas que non cumpran normas elementais como o mantemento da distancia interpersoal”.