18.5 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: correxsalceda

    Chega a X edición da carreira “Corre x Salceda”

    O vindeiro 7 de maio a carreira popular “Corre por Salceda”, fiel á súa cita, celebrará a súa X edición consolidándose como un dos eventos máis importantes do calendario deportivo de Salceda de Caselas.

    ‘Corre X Salceda’ reinvéntase e celebra a súa primeira edición virtual

    Este domingo, 3 de maio, Salceda de Caselas debería acoller a celebración dun dos seus eventos deportivos de máis soa: a oitava edición da 'Corre X Salceda', unha carreira que cada ano congrega no municipio a máis de 800 deportistas de tódalas idades convertendo a proba, nunha auténtica festa do deporte. Porén, nesta ocasión, pese a que o confinamento manda, o Concello non está disposto a 'tirar a toalla' e renunciar á súa proba deportiva máis destacada.

    Máis de 800 participantes de tódalas idades daranse cita na VII Corre X Salceda

    O vindeiro domingo 6 de maio Salceda de Caselas acollerá a VI edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas. Baixo o nome 'Corre X Salceda', a proba servirá para que os participantes poidan coñecer os espazos naturais...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.