10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: change.org

    O novo servizo de SmartPeme para o Terceiro Sector toma impulso coa celebración dunha webinar da directora de change.org en Europa

    O novo servizo do programa de asesoramento tecnolóxico SmartPeme da Deputación de Pontevedra dirixido ás entidades do Terceiro Sector toma impulso coa celebración da webinar que ofrecerá este mércores 21 de outubro a directora xerente da Fundación Change.org para Europa, a pontevedresa Irene Milleiro. Esta charla emitirase vía telemática a través de Zoom ás 19 horas e nela, Milleiro falará sobre a importancia da transformación dixital no ámbito do Terceiro Sector.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.