Tag: cemma
Casares expresa na visita ao CEMMA a súa preocupación polo declive da toniña e apela á busca do equilibrio co sector pesqueiro para conservar as poboacións de cetáceos
O deputado do Parlamento Europeo, Nicolás González Casares, vén de manter en Nigrán un encontro coa Coordinadora para o Estudo dos MamíferosMariños (CEMMA) no marco da súa actividade como membro das comisións de Pesca e Medio Ambiente. Foi recibido polo presidente do organismo, José A. Martínez Cedeira e polo biólogo da coordinadora, Alfredo López. Tamén participaron na reunión o alcalde de Nigrán, Juan A. González, e o concelleiro de Medio Ambiente, Diego García aos que o eurodeputado felicitou polo compromiso do Concello de Nigrán con esta ONG.